lunes, 19 de octubre de 2015



EXERCICIOS TIC

1. Define as TIC. Escribe o nome de 5 tecnoloxías que se podan considerar TIC.

Podemos definir as Tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) como o conxunto de
tecnoloxías que permiten a adquisición, produción, tratamento, almacenamento, comunicación, rexistro e presentación de informacións contidas en sinais de natureza
acústica, óptica ou electromagnética.
1 Radio
2 Televisión
3 Telégrafo
4 Teléfono
5 Ordenador

2. ¿Cales son as diferenzas entre Internet e outros medios de difusión de información tradicionais como a televisión en canto ó noso rol como usuarios?

A principal diferenza é que o nternet permite que a orixe da información non sexa único senón que calquera cidadán ten a posibilidade de difundir as súas ideas da mesma forma que antes nos medios como a televisión, radio etc  soamente era posible para grupos pequenos de comunicación.

3. Colle información en Internet sobre o concepto de web 2.0

O termo Web 2.0 comprende aqueles sitios web que facilitan o compartir información, a interoperabilidade, o deseño centrado no usuario1 e a colaboración na World Wide Web. Un sitio web 2.0 permite aos usuarios interactuar e colaborar entre si como creadores de contido xerado por usuarios nunha comunidade virtual. Exemplos da Web 2.0 son as comunidades web, os servizos web, as aplicacións Web, os servizos de rede social, os servizos de aloxamento de vídeos, as wikis, blogues, mashups e folcsonomías. É a evolución das aplicacións estáticas a dinámicas onde a colaboración do usuario é necesaria.


4. ¿Qué é a Wikipedia?¿De ónde ven o seu nome?¿Quen a realiza e corrixe?¿Cres que os contidos da Wikipedia son fiables?

Wikipedia é unha enciclopedia libre, políglota e editada colaborativamente. É administrada pola Fundación Wikimedia, unha organización sen ánimo de lucro cuxa financiamento está baseada en doazóns. Os seus máis de 37 millóns de artigos en 287 idiomas (cantidade que inclúe idiomas artificiais como o esperanto, linguas indíxenas ou aborígenes como o náhuatl, o maya e as linguas das illas Andamán, ou linguas mortas, como o latín, o chinés clásico ou o anglosaxón) foron redactados conxuntamente por voluntarios de todo o mundo,4 e practicamente calquera persoa con acceso ao proxecto5 pode editalos. Iniciada en xaneiro de 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger,6 é a maior e máis popular obra de consulta en Internet.


5. Qué diferenza existe entre Sociedade da Información e Sociedade do coñecemento? ¿Cál é o principal obstáculo a superar coa explosión das TIC para converter a información en coñecemento útil?

-A sociedade da información, é o “sistema de comunicacións accesible, económico, aberto e global que transcende as fronteiras políticas e culturais e configura crecentemente á sociedade como unha rede que interconecta aos seres humanos e a de coñecemento asocia un significado ás informacións que recibimos e, sobretodo, somos capaces de usar e aplicar a información, transformándoa en coñecemento. A educación convértese nun medio imprescindible para acceder a este novo entorno, pois é a que nos posibilita “localizar, comprender, analizar, aplicar, relacionar... os diferentes datos ós que temos acceso para convertelos así en coñecemento”.
-O non equilibrio entre aprendizaxe e educación imposibilita a correcta utilización das TIC, o que é un obstáculo para adquirir o coñecemento que nos propón a información á que nos deixa acceder esta tecnoloxía.

6. ¿Qué é a globalización?¿Como influíron as TIC en dito proceso?

- É  un fenómeno social de interconexión de culturas,institucións e individuos a escala mundial,nos 50 Marshall McLuhan falaba da “aldea global”facendo referencia a este tema.
-Grazas ós medios de comunicación, ás TIC, podemos saber en tempo real o que está ocorrendo en calquera recuncho do mundo que estea “conectado”.

7. Investiga en Internet e describe 5 vantaxes e 5 inconvenientes do teletraballo
   
 Vantaxes:

-Autonomía. Ser un "o seu propio xefe". Os teletraballadores desempeñarán as súas funcións sen moverse de casa dispoñendo e organizando o seu tempo, co que poderán realizarse noutros campos, (familiar, afeccións, relacións...).

-As empresas consideran que este sistema leva un aforro de custos e espazo.

-Aforro de tempo e cartos en desprazamentos.

-Menor contaminación ambiental.

-Desenvolvemento da actividade profesional en calquer lugar,  de maneira flexible.

Inconvenientes:

-Necesidade de grandes doses de autodisciplina, o teletraballador deberá orientar a súa actividade cara á prestación efectiva de servizos, polos que aqueles que carezan de poder de autoorganización ou autodisciplina terán unha gran desvantaxe competitiva.

-Problemas de tipo psicolóxico ou relacional, xa que pode producir sensación de illamento no teletraballador.

-Dificultade para motivar aos traballadores a distancia e facerlles partícipes dos obxectivos da compañía o que pode levar a que esta perda parte da súa forza corporativa.

-Poden surxir problemas relacionados coa saúde debido á grande cantidades de horas que o teletraballador pasa sentado.

-Dependencia da tecnoloxía, é dicir, se o traballador non ten acceso a elemtos coma o ordenador ou o internet non pode realizar o seu traballo.

8. ¿Qué é eBay? ¿Qué quere dicir que un produto se pode pagar a través de Paypal ?

-eBay é un sitio destinado á subasta de produtos a través de Internet. Pagar a través de PayPal consiste en pagar en sitios web, así como transferir cartos entre usuarios que teñan correo electrónico, unha alternativa ao tradicional método en papel como os cheques ou xiros postais. PayPal tamén procesa peticións de pago en comercio electrónico e outros servizos web, polos que cobra unha porcentaxe ao vendedor.

9. ¿En que consiste a chamada “fractura dixital”?

É o abismo que se abre entre os ben provistos en tecnoloxías da información e os desprovistos dela que son moito máis numerosos”. Indica que a distancia tecnolóxica entre algunhas zonas do planeta comeza a ser demasiado grande.

10. Ordena de maior a menor as zonas do mundo segundo a porcentaxe de poboación 
(mirando a táboa de datos dos apuntes). A continuación ordénaas de maior a 
menor porcentaxe de usuarios de Internet. ¿Qué observas?

11. Indica 5 medidas que se poderían tomar para diminuír a fractura dixital.

Mellorar e invertir nas infraestructuras en telecomunicacions
Moderar as tarifas e os servicios dos operadores
Promover o uso do software libre
Fortalecer a investigación e o desarrollo
Facer un bó uso da tecnoloxía

12. Busca estatísticas de conexión a Internet en España (www.ine.es). ¿Qué 
porcentaxe de poboación utiliza Internet habitualmente?

O 64'3% da poboación entre 16 e 74 anos usan internet habitualmente

13. ¿En qué consiste a “Voz sobre IP”? Descubre a diferenza de custe que existe entre 
unha chamada a Australia cun teléfono fixo de Movistar e unha chamada a través 
de Skype.

É un termo co que se designa unha tecnoloxía que permite enviar sinal de voz sobre unha rede IP como por exemplo Internet


14. Consegue imaxes dos seguintes ordenadores: Mark I, Eniac, o primeiro IBM PC e o 
primeiro Apple Macintosh. Describe brevemente o aspecto destes equipos e opina 
sobre a facilidade/ dificultade do seu manexo. ¿Onde pensas que se utilizaban 
estes equipos?

  MARK I 




  ENIAC




      IBM PC


    APPLE MACINTOSH

 MARK 1-ENIAC: ao ser dous dos primeiros ordenadores, teñem un tamaño esaxeradamente grande, aparentemente de difícil utilidade xa que por exemplo  tiñan que usalo varias persoas á vez.

IBM PC-APPLE MACINTOSH:  a diferencia dos outros dos ordenadores estes son máis simples e poden ser utilizados por unha soa persoa, son de tempos posteriores

  15. Completa a seguinte táboa sobre as Xeracións de Ordenadores:
       
 Nº de xeración //Anos //Característica principal.

-PRIMERA(1946-57)//Válvula de vacío//Utilizábanse para o ámbito científico-militar
-SEGUNDA(1958-63)//Transitor//Eran ordenadores comerciais
-TERCEIRA(1964-71)//Circuito integrado-->SSI-->MSI//Calquera persoa podía telos
-CUARTA(1972-1980)//Microprocesadores// Ordenadores comerciais

16. Investiga a tecnoloxía que utilizaban os primeiros ordenadores domésticos que se conectaban a Internet.

As primeiras conexións domésticas usaban a línea de teléfono para conectarse a Internet. Tiña moitos problemas,como non poder ter o teléfono e o Internet á vez.

17. Busca estatísticas sobre a evolución do número de páxinas web existentes e a súa evolución nos últimos 10 anos.

Nun  principio, as páxinas web eran só texto, sin embargo, fai relativamente pouco, evolucionaron e  desenroláronse  doutra maneira.Por exemplo, nos 10 últimos anos,pódense incluir en webs imáxenes, vídeos, espazos 3D e animacións. Todo esto,  logrou que estas webs, a día de hoxe, no sexan tan monótonas nin aburridas e sexan algo máis estilísticas e atractivas para o ollo humano.
As estatísticas sobre a evolución do número de páxinas web existentes di que en 1992, existían solo, aoredor de 50 páxinas web. Sin embargo, na actualidade, rondan os 8000 millóns de páxinas web e, día a día,súmanse aproximadamente 4400 novas

No hay comentarios:

Publicar un comentario